Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

viernes, 1 de febrero de 2008

Outras cousas que amosar



Cando creei este blog fíxeno coa ídea de tan só colgar fotos de surf, máis últimamente as ocasións que teño de ir a praia e afotar son escasas, e cando vou o mar no me acompaña... así que xa cansada de ver isto sempre igual, de non ver novos comentarios...e mentres non me chegue o momento de poder poñer outra cousa, aquí vos deixo algunha desas fotos feitas cando non ando traballando nin afotando olas ( a miña camariña sempre me acompaña!)




Vivir na Coruña...




Cando no inverno nada rompe ben...




Evidemntemente esta foto non a saquei eu, pero é unha das miñas preferidas...



Este un dos meus cans, Argos, un Alaskan Malamute que vive as súas anchas por Zas.

Este burriño atopámolo en Fisterra, nunha caliña moi preto de Rostro, fíxonos moita gracia e dounos por chamalo " Androide". As que non nos fixeron tanta gracia foron as roxiñas cornudas que compartían leira con él...e a miña chaqueta de cor vermello...



Aquí vos deixo á miña demiña preferida, vendo esta foto non teño nada máis que explicarvos...
Posta de sol no faro de Fisterra, arriba arriba de todo. Quen me dera a min poder estar nese barco...