Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

martes, 20 de enero de 2009

Fotos pendentes

Hoxe, ao mesmo tempo que escoito ó novo presidente dos Estados Unidos facer promesas que ogallá algún dia poidan ser levadas a cabo...colgo estas fotos que tiña perdidas na cámara pendentes de vela luz do blog...
Adicada en especial a vos os tres, que andades por terras mais calurosas, pra miña envexa. Pra tervos entretidos entre baño e baño.
Mirade ben que aquí estades...