Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

martes, 1 de diciembre de 2009

Unha de Galegos

Hoxe, pra variar, deixo de falar de surf para contarvos de dúas empresas, unha de reciente creación e outra cun pouco máis de historia, pero as dúas innovadoras, con productos de calidade e GALEGAS.

A primeira de elas:



Oitenta- http://oitenta.es/ : Un grupo de amigos da Coruña (entre eles meu irmán) , todos nacidos no 1980, decidiron xuntarse e sacar ó mercado unha nova marca, que ofrece mobles e elementos de decoración, utis, cómodos e cun deseño máis que innovador.
Acaban de sair este mes ó mercado, e aíndan teñen moitos productos que amosarnos, pero estou segura que chegaran moi lonxe. Vótadelle un ollo a súa páxina, xa veredes... pode que atopedes máis dunha idea agora que chegan as navidades...

E a outra:




Helados Gael - http://www.heladosgael.com/

Eles xa levan algo máis camiñado, pero sei que estou no certo cando penso e digo que o chegaran a moito máis. E unha empresa familiar, leva toda a vida traballando no sector, e dende fai una aniños sacaron ó mercado estes xelados, feitos con leite enteira galega, sen conservantes e con frutas que eles mesmo se encargan de escoller. Próvadeos, e despois falamos. Teñen sabores orixinais, pero tamén os de toda a vida. Podédelos encontrar de momento no carrefour, no Alcampo, nas panaderias San Brandan... pode que sexan un pouco máis caros que outros que encontredes, pero a calidade dun producto cen por cen natural e galego non ten precio...

É hora de que a nosa xente chegue todo o lonxe que merece!














domingo, 8 de noviembre de 2009

Escapada a Portugal- WCT Supertubos 09

Duas semanas despois de chegar, aquí van algunhas fotos da nosa escapada a Portugal. Faltan os comentarios, a cargo do "editor" que espero os poña máis tarde, e seguramente añadirá algunha fotiño máis...









































Coma sempre, espero que vos gusten.

P.D.Si, seino, son un desastre...

lunes, 3 de agosto de 2009

03/08/2009- Sabón
























































jueves, 23 de julio de 2009

miércoles, 25 de febrero de 2009

ENTROIDO 08...

O sábado, despois de despertar en Mar de Fóra, cun soliño e un calor que xa botaba de menos... e pasar un día estupendo na praia, tocou marchar camiño de Santa Comba, pra pasar un dos entroidos máis divertidos da miña vida... e o que ten sair con esta guisa...



Foi unha pena non poder quedar mais tempo, a verdade é que se estaba ben a gusto, e ainda por riba despois de cotillear nos blogs de Ruben e Dani, a envexa aumentou un pouquechiño... xa teño ganas de poder pasar un finde enteiro por ahí...

martes, 20 de enero de 2009

Fotos pendentes

Hoxe, ao mesmo tempo que escoito ó novo presidente dos Estados Unidos facer promesas que ogallá algún dia poidan ser levadas a cabo...colgo estas fotos que tiña perdidas na cámara pendentes de vela luz do blog...
Adicada en especial a vos os tres, que andades por terras mais calurosas, pra miña envexa. Pra tervos entretidos entre baño e baño.
Mirade ben que aquí estades...