Encántame os entroidos, gústame ver a xente disfrazada, gústame disfrazarme e a festa que hai eses días, gústame recordar vellos tempos en Zas agora disfrutados coa cativa da miña familia...pero o que máis me gusta, aquelo polo que espero cada ano a chegada destas datas é...
POLAS FILLOAS DA MIÑA AVOA! Aínda que só fose por esas filloas ( sen contar o restos das moitas cousas que a fan ser unha santiña), a miña avóa tiña que ser declarada patrimonio nacional galego!
Éla tamén disfruta das filloas, pero máis do entroido e dos disfraces, e eu con éla.
Aínda que non ten que ver...aquí vos deixo unha foto de "Morena", mimosa como un canciño e se vas cunha mazán...nin vos conto!
E falando de canciños: este é o noso novo membro da familia, pequeniño pero ben espabilado...aínda sen nome.

