Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

martes, 2 de marzo de 2010

Vai sendo hora de poñerse...

Quen nunca probou non sabe o emocionante que é ver crecer o que coas tuas mans prantaches, e xa nin vos contamos cando empezan a dar cousiñas...
Vai sendo hora de poñerse de novo mans a obra..queda moito traballo por diante, eso si, este ano no tema da auga creo que de momento imos sobrados...¿non si?
No resto, infrastructura mellorada dende o ano pasado, é o que ten ter un "sogro" xeitosiño, e "de tal palo tal astilla"...