Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

miércoles, 30 de julio de 2008

Argos busca nova casa

O Argos, un Alaskan Malamute, está a buscar un novo fogar. Os seus donos ( uns tíos meus) quérense desfacer del, así que eu estou na procura de encontrarlle uns novos donos que o cuiden e o queiran que boa faltiña lle fai.
Como se pode ver nas fotos, e un bichiño inmenso ( non sabería dicir os kgs) así só podería vivir nunca casiña con finca...porque senón...
Gústalle moito xogar, e a auga, pode pasar horas e horas a remollo se o deixas ( ainda que con ese pelo no me extraña)

A ver se me podedes axudar, porque é bastante urxente, e tamén importante pra min.
Gracias!
Como esta merda de ordenador no me deixa subir fotos, púxenvos os enlaces dunha foto miña dun post anterior e outra dunha páxina de acollida a que lle puiden mandar unha foto recente.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkxgT07wIYvNDT0uUGFsn_be0Xldx1D63MxD2ZzB8Db2XyoyrhvPZDNE_RcbxZp_8ETdlDAwMA-gpsAnSfXY6WWSflVLfpKr9pr2cS4ystQEItaU68xbJARd5dD_69lsN5CM76iZ1TNpw/s1600-h/21.04.07+129.jpg

http://www.gatocan.com/Animales.php?Seccion=O&Tipo=P