Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

lunes, 17 de noviembre de 2008

MA-CHA-CO-NA: 10.11.2008

As predicción apuntaban boas condicións, asi que os meus compañeiros levantáronse moi cedo pra seren os primeiros na auga, e claro está, eu a madrugar con eles.

No pico coa primeira luz do día... E aquí está o resultado. Como sempre espero que vos gusten.
Maika












Primeiro tubo do Presidente, cunha 6.0 non semellaba cousa doada.


Boa freada...


2º tubiño...


Take-off polo aire de Nacho, creo que lle quedaron boas sensacións do seu primeiro baño na Machaca, non si Nachete?








Juancho agardando a que a ola se forme








Nacho non se botou pra atrás.





O resto das imaxes da secuencia non son aptas pra todo o público. WIPE-OUT MAYÚSCULO do Presi.


Nachete tamén se atreveu coa torera.


Outra vez Nachete.

martes, 16 de septiembre de 2008

Sesións de Verán

Aquí vos deixo algunhas fotos deste verán que xa vai rematando. Por problemas técnicos de esta m. de ordenador (do que sempre me queixo) só podo subir unhas pouquiñas e non son nin tan sequera as miñas preferidas...pero... é o que hai.


Agora que comenza de novo o inverno espero retomar os meus deberes có fotolog...


Coma sempre, espero que vos gusten.



P.D. Esta actualización vai dedicada a ti, por seres o meu mellor modelo, polo teu interés e pola motivación que me das pra que siga tirando fotos e "actualizando" o blog.


Maika













miércoles, 30 de julio de 2008

Argos busca nova casa

O Argos, un Alaskan Malamute, está a buscar un novo fogar. Os seus donos ( uns tíos meus) quérense desfacer del, así que eu estou na procura de encontrarlle uns novos donos que o cuiden e o queiran que boa faltiña lle fai.
Como se pode ver nas fotos, e un bichiño inmenso ( non sabería dicir os kgs) así só podería vivir nunca casiña con finca...porque senón...
Gústalle moito xogar, e a auga, pode pasar horas e horas a remollo se o deixas ( ainda que con ese pelo no me extraña)

A ver se me podedes axudar, porque é bastante urxente, e tamén importante pra min.
Gracias!
Como esta merda de ordenador no me deixa subir fotos, púxenvos os enlaces dunha foto miña dun post anterior e outra dunha páxina de acollida a que lle puiden mandar unha foto recente.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkxgT07wIYvNDT0uUGFsn_be0Xldx1D63MxD2ZzB8Db2XyoyrhvPZDNE_RcbxZp_8ETdlDAwMA-gpsAnSfXY6WWSflVLfpKr9pr2cS4ystQEItaU68xbJARd5dD_69lsN5CM76iZ1TNpw/s1600-h/21.04.07+129.jpg

http://www.gatocan.com/Animales.php?Seccion=O&Tipo=P

lunes, 2 de junio de 2008

Actualización

Despois de unha longa tempada (moooii longa) sen actualizar... por fin teño tempo pra poder colgar novas fotos!e non tan novas tampouco, porque son de marzo, S.Santa en Super Tubos...Espero que vos gusten

Maika












































domingo, 4 de mayo de 2008

Búscase dono


O sábado pola mañán atopamos unha taboa de surf do aparcamento de Sabón, estivemos agardando un bó anaco por si o dono voltaba por ela pero nada, así que decidimos levala e deixar unha nota cós nosos números de telefono para que chamase e así poder devolverlla pero nin con esas soupemos nada máis. A nosa intención foi collela pra evitar que alguén con outras intencións a levase pero ó final non saiu como tíñamos pensado. Así que se alguén de vos sabe de quen é so tedes que escribir aquí que estamos desexando devolverlla a quen lle pertence.
Un saudo
Maika

sábado, 26 de abril de 2008

II LIMPEZA DE NEMIÑA


jueves, 6 de marzo de 2008

Maretón do noroeste,ventos do nordeste: POR FIN

O martes día 4,déronse as condicións para que rompese o noso secret spot,probablemente a maioría de vós andivestes dando voltas dun lado para o outro porque en Coruña con este mar non se pode surfear...Trátase dunha onda con moita masa de auga que abre para os dous lados,claro que a dereita co punto de marea no que a pillaron é casi para tolos...ainda así a esquerda é moi perigosa e nunha mala caída podes rematar cós teus dentes nas rochas..na auga só Nio e Juancho,fora eu...




















....