Sempre me gustou a fotografía,pero nunca me decidira por facer algo interesante. Fai menos dun ano, comprei a cámara que levaba querendo dende facía tempo, unha Reflex Dixital (CanonEos400D). Con ela, e gracias a quen me leva, a quen me axuda a ver novas posibilidades e a quen se presta de modelo de probas, estou comezando (e disfrutando) neste interesante mundo da fotografía, e como non,do surf. Espero que vos disfrutedes tamén. Maika

viernes, 15 de enero de 2010

Neve...

Non hai mal que por ben non veña...ou iso din os nosos maiores...e a verdade é que razón, teñen.

Non é que leve moitos anos no mundo laboral, pero falo con algo de experiencia cando digo que fácil non está a cousa... Non importa que teñas unha carreira, que sexas bo no que fas, que sexas responsable, serio...segue sen ser fácil. Unhas veces pola crisis, outras porque hai empresas nas que non eres máis cá un número, e si eres becario entón unha fracción... a cousa é que hoxe en día buscar un traballiño decente no que recibas o que das, e misión complicada.
E ese é o meu caso agora.
O primeiro a idea de facer outra vez cola no Inem foime algo dificil de dixerir, pero agora...ben pensado...ter uns meses por diante para poder facer mil cousas, tempo pra min, pra os meus "hobbies", tempo pra miña xente, pra viaxar, pra mellorar como fotógrafa, como cociñeira-reposteira...tempo pra disfrutar das cousas gratuitas e maravillosas que nos ofrece a vida...esa idea agora resulta máis que interesante. A todo esto axuda o feito de saber que dentro de medio ano empezarei de novo pero cun futuro laboral por fin estable.

Pode que teña que apretar o bolsilliño un pouco máis da conta, pero unha ocasión así xurde unha soa vez da vida, e haina que aproveitar.

Así que con todo isto, así comecei o meu primeiro dia no paro:






E este semana máis: primeiras clases de snow:Asturies, alá vou!!!